XXXII Marcha con Vivac FGM «Minas Transfronteirizas de Wolframio»

XXXII Marcha con Vivac FGM «Minas Transfronteirizas de Wolframio»

Lugar: RESERVA DA BIOSFERA TRANSFRONTEIRIZA GERÊS- XURÉS

Data: 8 E 9 XUNIO 2019.

Este ano AvivA Sport Club, organiza a «XXXII MARCHA CON VIVAC» actividade federativa da Federación Galega de Montañismo.

«PRAZAS LIMITADAS 50 PERSOAS»

ACTIVIDADE FEDERATIVA GRATUITA

SERVIZO DE AUTOBÚS:

(Servizo de autobús dende Vigo e tamén para quen vaia no seu coche propio ata Vilameá para regresar dende Cabril ata Vilameá para recoller o seu coche).
(O servizo do autobús do traxecto dende Cabril a Vilameá non tera costo)

PREZO AUTOBÚS: Vigo-Vilameá e Cabril-Vigo 15 euros.

PREZO XANTAR DOMINGO:
Xantar do Domingo (opcional) 13 euros.
Pagase no restaurante ó domingo (Débese confirmar no formulario de inscripción)

INSCRIPCIONES:
Soamente neste enlace:

INSCRIPCIONES PINCHA AQUÍ:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfHZ5UyDD_lxbSYdPKzCElltzEOIXUXSKOiWsGLZXxlgFvINA/viewform

______________________________________________________

PROGRAMA:

Sábado, día 8 de Xunio.

PRIMEIRA ETAPA

Aldea Vilameá( Xurés)-Ermida do Xurés-Minas dás Sombras-Lago do Carris( Gerês)-Minas dos Carris- Cabana do Penedão/ Lagoa de Marinho( Gerês).

Distancia: 18 kms aproximadamente.

Desnivel: + 1200 m, – 562 m, aproximadamente.
Tempo aproximado: 8 horas.

Dificultade: media.
________________________________

07:00 Saída autobús situado na Praza de España de Vigo.

09:30 Chegada á Aldea de Vilameá( Concello de Lobios) e concentracion co resto participantes que vaian polos seus propios medios.

10:00 Saída da Marcha.

14:00 Parada para comida autónoma.

18:00 Chegada á Cabana do Penedão/ Lagoa de Marinho ( Freguesia de Cabril, Gerês-Portugal), onde faremos o vivac e cea autónoma.

Domingo, día 9 Xunio.

SEGUNDA ETAPA

Cabana do Penedão/ Lagoa de Marinho- Sete Lagoas-Aldea de Cabril( Gerês).

Distancia: 10 kms aproximadamente.

Desnivel: + 298 m, – 1161 m, aproximadamente.

Tempo aproximado: 4 horas.

Dificultade: media-baixa.

______________________________

08:00 Recollida do Vivac

08:30 Tempo para o almorzo autónomo.

09:30 Comezo da segunda etapa.

15:00 Xantar de confraternizacion(opcional) na Aldea de Cabril( Potugal), que tendra un prezo de 13 euros/persoa. Entrega recordo conmemorativo da XXXI Marcha.

17:30 Saída de regreso a Vilameá, para deixar aos participantes para que recollan os seus vehiculos e o resto levalos a Vigo.

21:00 Chegada á Praza de España en Vigo.

A organización procurará axustarse aos horarios previstos, o que non sempre é posible debido ás diversas causas que poden afectar o desenvolvemento da actividade.

NORMAS DE PARTICIPACIÒN:

1. É OBRIGATORIO ter a Licenza Federativa do ano 2019.

2. Prazas LIMITADAS a 50 persoas.

3. Ser maior de idade ou ir acompañado dunha persoa responsable.

4. Respectar a contorna.

5. Non abandonar o percorrido sen avisar á organización.

6. A organización resérvase o dereito para variar o programa e o percorrido se as circunstancias así o requiren.

7. Calquera imprevisto será solucionado da maneira máis conveniente para o grupo.

8. A inscrición implica o coñecemento destas normas e o seu cumprimento.

9. Os participantes que incumpran algunha destas normas quedarán fóra da marcha.

Cualquier consulta llamar al teléfono: +34 607477375 (Oscar) ó +34 676030753 (Roberto)


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*